Actualmente, o Consorcio só ofrece a modalidade de contratación obrigatoria, xa que a última modificación lexislativa dos límites cuantitativos do seguro obrigatorio supuxo unha importante elevación destes de 350.000 euros a 70 millóns de euros en danos á persoas e de 100.00 euros a 15 millóns de euros en danos nos bens, e polo tanto a cobertura da responsabilidade civil voluntaria que antes se outorgaba quedou integrada na cobertura obrigatoria que actualmente ofrecemos.
Pregunta Contratación 10
Preguntas frecuentes: Seguro Auto
Anuláronme a póliza na miña compañía por dar tres partes de sinistro, e dixéronme que me dirixa a Vde. Poden facerme o seguro voluntario a terceiros como teño agora, é dicir, ilimitado? Dime o meu axente de seguros que cre que non, pero eu é que non quedo tranquilo soamente co seguro obrigatorio.