Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas

Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas

No contexto da protección da competitividade da industria española, desde o 2020 o Consorcio de Compensación de Seguros é o xestor e administrador do Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas (FERGEI), tal e como lle encomenda o Real Decreto-lei 24/2020, de 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial, polo que se crea devandito fondo.

Segundo establece esa mesma norma, o FERGEI está adscrito ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo por medio da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa.

A través do FERGEI, o Estado asume os resultados da cobertura do risco de insolvencia no marco das operacións de compravenda de enerxía eléctrica a longo prazo, entre os distintos oferentes de enerxía eléctrica do mercado de xeración, especialmente a partir de fontes renovables, e as empresas consumidoras que teñen a condición de electrointensivas, definidas como aquelas nas que os custos da enerxía constitúen unha elevada porcentaxe do custo de fabricación.

Pola súa banda, a función de xestor da cobertura ou asegurador por conta do Estado é desempañada pola Compañía Española de Seguro de Crédito á Exportación, SA (CESCE).

Informe anual FERGEI 2023