Ademais das funcións xerais do Consorcio de Compensación de Seguros, a entidade tamén asume outras actividades no ramo dos Seguros Agrarios Combinados, no seguro de accidentes en incendios forestais, nos seguros nucleares e outros.
Este ramo de seguros protexe aos agricultores ante sinistros climatolóxicos sen depender da asistencia das Administracións.
O sistema español dos Seguros Agrarios combinados iniciouse, co primeiro Plan anual, en 1980. Dábase así cumprimento á Lei fundacional dos Seguros Agrarios Combinados Lei 87/1978, de 28 de decembroe o seu regulamento de aplicación..
Conta coa protección dun reaseguro do Consorcio de Compensación de Seguros. Ademais, o Consorcio ten a función (garantía para ambas as dúas partes do contrato ademais de para as Administracións) do control das peritacións e, dende o Plan 1985, participa no cadro de coaseguro.