Centro de atención telefónica
Centro de Atención Telefónica
Horario de atención ao público de: 9:00 a 18:00 de luns a venres.
Nos teléfonos900 222 665 os asegurados poderán:
- Obter información sobre a forma de presentar a solicitude de indemnización (seguro de riscos extraordinarios ou seguro de Responsabilidade Civil de Automóbiles).
- Presentar solicitudes de indemnización por danos en riscos extraordinarios.
- Realizar consultas sobre incidencias ou estado da tramitación dunha solicitude de indemnización (seguro de riscos extraordinarios ou seguro de Responsabilidade Civil de Automóbiles).
- Contratar o seguro de responsabilidade civil de Automóbiles cando se rexeitase o aseguramento do vehículo polas entidades aseguradoras.
- Os tomadores ou asegurados dunha póliza de seguro obrigatorio de automóbiles contratada co Consorcio poderán comunicar a esta entidade a ocorrencia dun accidente de circulación.
- Solicitar información sobre cuestións relacionadas coa liquidación de entidades aseguradoras e nas que o asegurado, como tal, teña intereses implicados.
- Solicitar información acerca de como consultar o FIVA (Ficheiro Informativo de Vehículos Asegurados).