Requisitos

Requisitos para a indemnización

Para poder ter dereito a unha indemnización do Consorcio polos danos sufridos como consecuencia dun fenómeno derivado dos riscos extraordinarios que cobre esta entidade, deben darse as seguintes condicións:

  1. A protección fronte aos riscos extraordinarios está obrigatoriamente vinculada á vixencia da subscrición e dunha póliza de seguro en certos ramos. O feito de subscribir unha cobertura de seguro nalgún deses ramos (ou modalidades combinadas destes) leva aparellada a obriga de ter cubertos os mesmos bens, e polo menos polas mesmas sumas aseguradas, contra os riscos extraordinarios.
  2. Os ramos que inclúen a cobertura de riscos extraordinarios son os seguintes:
    • Nos seguros contra danos: incendios e eventos naturais, vehículos terrestres (danos ao vehículo en todo caso, e a partir de xullo de 2016, tamén as pólizas que cubran soamente responsabilidade civil), vehículos ferroviarios, outros danos aos bens (roubo, rotura de cristais, danos a maquinaria, equipos electrónicos e ordenadores) perdas pecuniarias diversas e modalidades combinadas dos anteriores.
    • Nos seguros de persoas: vida e accidentes, aínda que estas coberturas se contraten de forma complementaria a outro tipo de seguro ou no marco dun plan de pensións.
  3. Pagamento da prima. Para que o Consorcio efectue a indemnización por riscos extraordinarios, o asegurado debe atoparse ao corrente do pagamento do recibo de prima da póliza de seguros que pertenza a algún dos ramos xa citados, onde se inclúe unha recarga a favor do Consorcio de Compensación de Seguros, o cal deberá aparecer significado en tal recibo de forma expresa.
  4. Período de carencia. Terase dereito á indemnización do Consorcio unha vez que transcorran 7 días dende a data de emisión da póliza, ou dende a do seu efecto, se fose posterior, salvo que se demostre a inexistencia de interese asegurable con antelación a esa data. Non se entenderá interrompida a cobertura e polo tanto quedará sen aplicación a carencia cando a emisión dunha póliza nova se produza antes da suspensión legal de efectos da anterior.

Este periodo de carencia só se aplica en perdas materiais por eventos da natureza, quedando exentos de período de carencia os danos persoais, calquera que sexa a causa do sinistro, e os danos materiais, se se producisen por feitos derivados da vontade humana.