Derecho de Establecimiento Representante de la Entidad

Dereito de Establecemento. Representante da Entidade

DEREITO DE ESTABLECEMENTO

Os contratos de seguro celebrados en réxime de dereito de establecemento ou en réxime de libre prestación de servizos que cubran riscos localizados ou asuman compromisos en España, estarán suxeitos ás recargas a favor do Consorcio para cubrir acontecementos extraordinarios acaecidos en España, de fondo de garantía no seguro de responsabilidade civil derivada da circulación de vehículos automóbiles e de liquidador de entidades aseguradoras, así como ás demáis recargas e tributos legalmente esixibles nas mesmas condicións que os contratos subscritos con entidades aseguradoras.

Desde o momento do inicio da actividade en España, todas as entidades aseguradoras sen distinción de forma xurídica, tamaño ou cobertura xeográfica teñen, por tanto, a obriga de recadar as recargas e liquidalas ao Consorcio.

De forma independente, o órgano de control nacional na actividade aseguradora, a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP), outorgará as autorizacións formais de rexistro e control das entidades aseguradoras.

É importante apuntar que a obrigatoriedade da recargavai ligada á actividade en Territorio Español e non á localización xeográfica ou ao ámbito de supervisión ao que se encontre suxeito a entidade. Están obrigadas tanto as que teñan cobertura territorial de negocio nacional (órgano supervisor a DXSFP) como as que, pola súa natureza, dependen de órganos de supervisión cuxas competencias correspondan á Comunidade Autónoma. Tal é o caso das Mutualidades de Previsión Social de ámbito local, as cales tamén están obrigadas dependendo dos ramos de actividade nos que operan.

REPRESENTANTE DA ENTIDADE ASEGURADORA

Representante a efectos da declaración-liquidación das recargas obrigatorias:

O procedemento de recadación establecido polo Consorcio determina a necesidade de nomear un representante, a efectos de responsabilizarse de:

  • O proceso formal de declaración-liquidación en canto ao contido dos datos declarados e liquidación dos mesmos en forma e prazo.
  • Soporte documental do contido das declaracións efectuadas.
  • Comunicacións e actualización de datos de contacto.

Neste senso, é condición indispensable para proceder a cumprir coa obrigación de recadar e liquidar as recargas ao Consorcio que a entidade aseguradora designe e comunique ao Consorcio a persoa física que actuará de representante (representantes) de forma previa a iniciar o proceso de declaración-liquidación.

Os datos esenciais mínimos móstranse no boletín anexo á Resolución de 27 de marzo de 2018 da Presidencia do Consorcio de Compensación de Seguros (B.O.E. nº 90, de 13 de abril) e nos anexos 1, 2 e 3 do sistema S.I.R. localizados aquí.