Antecedentes históricos

Antecedentes históricos

En 1941 creouse o Consorcio de Compensación de Riscos de Motín con carácter de provisionalidade, como instrumento de apoio ao mercado asegurador español para dar resposta ás perdas orixinadas pola Guerra Civil (1936-1939).

Imagen decorativa. Fachada del edificio de la sede central del Consorcio de Compensación de Seguros en Madrid.

Circunstancialmente serviu tamén para atender outros grandes sinistros: incendio de Santander, en febreiro de 1941; incendio de Canfranc, en abril de 1944; incendio de Ferrol, en maio de 1944; explosión de minas de La Marina en Cádiz, en agosto de 1947; explosión de polvoreira en Alcalá de Henares, en setembro de 1948. A partir de 1954 a iniciativa adquiriu un carácter permanente e de proxección de futuro, configurándose o que é hoxe o Consorcio de Compensación de Seguros (CCS).

Dende esa data o Consorcio aparece intimamente ligado á cobertura dos riscos extraordinarios, como figura central dun sistema de indemnización por danos catastróficos único no mundo. Pero na súa traxectoria histórica iría asumindo outros labores, como os relacionados co seguro de crédito á exportación, o seguro agrario combinado, o seguro de responsabilidade civil de automóbiles de subscrición obrigatoria, o seguro obrigatorio de viaxeiros, o seguro obrigatorio do cazador e o seguro de responsabilidade civil de riscos nucleares, nun elenco de actividades de carácter subsidiario e de fondo de garantía.

Ademais, desde comezos de 1998, a súa actividade esténdese tamén ao campo dos riscos medioambientais, entrando a formar parte do Pool Español de Riscos Medioambientais. Finalmente, e por disposición da Lei 44/2002, de 22 de novembro, o Consorcio asume as funcións de liquidación de entidades aseguradoras que viña desempeñando a CLEA (Comisión Liquidadora de Entidades Aseguradoras).

Publicador de contidos

Información de interese

Sede Central

Sede Central

Imagen de Ubicación

Paseo de la Castellana, 32 28046 - Madrid

Imagen de Teléfono

91 339 55 00

91 339 55 55

Imagen de Contactoccs@consorseguros.es