Fondo de reserva de los riesgos de la internacionalización

Fondo de Reserva dos Riscos da Internacionalización da Economía Española

Dentro do ámbito da cobertura mediante seguro por conta do Estado dos riscos asociados ás operacións que as empresas españolas realizan no exterior, dende xaneiro de 2015 o Consorcio de Compensación de Seguros é o xestor e administrador do Fondo de Reserva dos Riscos da Internacionalización (FRRI), tal e como lle encomenda a Lei 8/2014, do 22 de abril, sobre cobertura por conta do Estado dos riscos da internacionalización da economía española, pola que se crea o devandito fondo.

Segundo establece esa mesma norma, o FRRI está adscrito ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo por medio da Secretaría de Estado de Comercio.

Coa asunción da xestión dos fondos do FRRI, o Consorcio viu ampliado significativamente o seu papel no sistema da cobertura destes riscos, xa que ata decembro de 2014, as súas actividades se circunscribían á mera administración dos fondos do seguro.

Pola súa banda, a función de xestor da cobertura ou asegurador por conta do Estado é desempeñada pola Compañía Española de Seguro de Crédito á Exportación, SA (CESCE).

Informe anual FRRI 2023