Os datos de carácter persoal facilitados ao Consorcio de Compensación de Seguros, con domicilio en Paseo de la Castellana nº 32, 28046, Madrid, serán tratados coa finalidade de xestionar e tramitar a emisión e o mantemento da póliza de seguro obrigatorio de vehículos a motor, contemplado no Real Decreto Lexislativo 8/2004, de 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, así como xestionar o cobro da prima, atender as súas solicitudes, tramitar os sinistros que, no seu caso, puidesen producirse, e exercitar, se procede, o dereito de repetición. Así mesmo, os seus datos serán tratados coa finalidade de previr a fraude no seguro, así como para realizar, eventualmente, estudos estatísticos, actuariais e de técnica aseguradora.
O Consorcio de Compensación de Seguros tratará os datos persoais para as finalidades sinaladas co fin de dar cumprimento ás funcións que lle foron atribuídas polo Estatuto Legal Do Consorcio de Compensación de Seguros, así como a restante normativa de aplicación. Na súa virtude, todos os tratamentos de datos persoais referenciados realizados polo Consorcio de Compensación de Seguros teñen a súa base de lexitimación no cumprimento dunha obrigación legal (art. 6.1 c) RGPD), así como na execución do contrato subscrito (art. 6.1 b) RGPD).
Salvo que se indique o contrario, a totalidade dos datos requiridos son necesarios para dar cumprimento ás finalidades anteditas, polo que a negativa a subministralos impedirá a continuidade do proceso de emisión.
Os datos do vehículo que constan neste contrato serán comunicados ao Ficheiro Informativo de Vehículos Asegurados, tal e como establece o art. 23 do Reglamento do Seguro Obrigatorio de Responsabilidade Civil na Circulación de Vehículos a Motor. Adicionalmente, os seus datos poderán ser comunicados a entidades bancarias, para a xestión dos pagos da prima do contrato de seguro, así como a outros terceiros aos cales esteamos obrigados legalmente a facilitalos.
En caso de comunicación de sinistros, os datos persoais facilitados poderán ser accesibles por entidades de servizos de valoración de danos persoais e/ou materiais, servizos de investigación e reconstrución de accidentes, así como por avogados e Tribunais, para a correcta xestión das finalidades anteditas, así como para o cumprimento das obrigacións previstas pola Lei.
No caso de que Vostede facilite os datos de terceiros, manifesta contar co consentimento dos mesmos e comprométese a trasladarlles a información contida nesta cláusula, así como a informar ao Consorcio de Compensación de Seguros de calquera cambio ou actualización relativa aos mesmos. Vostede garante que os afectados son maiores de 14 anos ou, no caso contrario, que dispón do consentimento informado dos seus país ou titores para a comunicación da información.
Os datos persoais serán conservados durante todo o tempo de vixencia da póliza de seguro e, posteriormente, durante o prazo de 10 anos desde a finalización do contrato de seguro. No suposto de que na data de terminación da vixencia da póliza houbese expedientes de sinistro en tramitación, os datos persoais conservaranse durante o prazo de 10 anos desde o peche do expediente de sinistro, recobro ou investigación correspondente; procedendo ao bloqueo nese momento e conservándose unicamente á disposición das Administracións Públicas, Xuíces e Tribunais para a atención das posibles responsabilidades nadas do tratamento e/ou da relación xurídica subxacente, durante o prazo de prescrición destas.
Vostede pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión, mediante comunicación dirixida ao noso Delegado de Protección de Datos a través da caixa de correo electrónico dpo@consorseguros.es. Igualmente ten dereito a presentar a oportuna reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no caso de que considere que o Consorcio de Compensación de Seguros vulnerou os seus dereitos. Pode obter máis información na nosa Política de Privacidade publicada en www.consorseguros.es.