Unha vez finalizado o período de vixencia do seguro de automóbiles de subscrición obrigatoria contratado por teléfono ou por vía electrónica co Consorcio de Compensación de Seguros, o tomador deberá aboar o recibo de renovación durante os TRINTA DÍAS NATURAIS seguintes á data do vencemento do seguro contratado.
Oito días antes da data do vencemento do seguro, o Consorcio enviará ao tomador unha mensaxe recordatorio do citado prazo de trinta días naturais existente para o pagamento do recibo, a través de SMS e correo electrónico dirixidos ao número de teléfono móbil e enderezo, respectivamente, facilitados no momento da contratación. En caso de non se realizar o abono do recibo de renovación no período indicado, a póliza de seguro quedará anulada.
Para os efectos de facilitar o abono do recibo, o tomador dispón de dúas modalidades de pagamento:
- Abono do recibo de renovación mediante tarxeta bancaria
Para realizar o abono do recibo de renovación por vía electrónica abonda con picar sobre o enlace que figura no encabezamento deste apartado. Para utilizar este medio de abono é imprescindible que o tomador acceda mediante o seu certificado ou DNI electrónicos e que dispoña dunha tarxeta bancaria coa que efectuar o pagamento da prima. E, unha vez realizado o pagamento, poderá descargarse o recibo de pagamento da prima.
- Abono do recibo de renovación mediante ingreso en entidade bancaria
Quince días antes da data do vencemento do seguro o Consorcio enviará ao tomador mediante correo ordinario o recibo de renovación que pode aboarse en calquera oficina dos bancos BBVA ou Santander, de luns a venres en horario de 9 a 11,30 da mañá.
O tomador tamén poderá obter por vía electrónica unha copia do recibo de renovación para realizar o ingreso en entidade bancaria. Para iso, o tomador accederá mediante o seu certificado ou DNI electrónicos picando sobre o enlace que figura na parte inferior deste apartado e seleccionando a opción "Obtención de recibo para ingreso en entidade bancaria".