Se non está de acordo co resultado da peritación, a normativa ofrécelle distintas posibilidades de canalizar o seu desacordo:
Iniciar un procedemento de peritación contraditoria (segundo dispón o artigo 38 da Lei 50/1980, do 8 de outubro, de Contrato de Seguro coas especificacións determinadas nas condicións xerais dos seguros agrarios e na correspondente norma xeral de peritación).
Dirixirse ao servizo de reclamacións de Agroseguro. Neste servizo tamén deben atendelo sobre as queixas que puidese ter o asegurado.
Outra opción posible, raramente utilizada, é acudir, sempre que así o acorden ambas as dúas partes, á arbitraxe de equidade de ENESA.
O CCS non resolve desacordos na peritación.