Consorcio no Pool ANO | % PARTICIPACIÓN S/ CAPACIDADE TOTAL | RETENCIÓN |
2016 | 5,67% | 1.140.000 € |
2017 | 5,67% | 1.140.000 € |
2018 | 5,67% | 1.140.000 € |
2019 | 5,67% | 1.140.000 € |
2020 | 5,67% | 1.140.000 € |
2021 | 5,67% | 1.140.000 € |
2022 | 5,67% | 1.140.000 € |
2023 | 5,67% | 1.140.000 € |
2024 | 5,67% | 1.140.000 € |
2025 | 5,67% | 1.140.000 € |
No exercicio 2024 as primas devindicadas correspondentes a esta cobertura ascenderon a 0,31 millóns de euros, mentres que as prestacións e gastos pagos ascenderon a 0,01 millóns de euros.
O Pool Español de Riscos Ambientais ofrece seguros específicos que dan solución á responsabilidade ambiental mediante: 1) a restauración dos danos imprevistos que se causen aos recursos naturais; 2) a cobertura dos gastos de defensa do asegurado por reclamacións garantidas; 3) a posible prestación de fianzas xudiciais, e 4) a cobertura do custo das medidas de prevención se se dá unha situación de risco inminente de dano ambiental. De maneira complementaria, dentro do mesmo contrato, ofrécese a cobertura da responsabilidade civil por danos a terceiros por contaminación.
Fondo de Compensación de Danos Medioambietales (FCDM)
O Fondo de Compensación de Danos Medioambientes nace da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de Responsabilidade Ambiental, como un dos instrumentos co que dar contido ao principio de quen contamina paga, a través da reparación do dano causado, á marxe das sancións administrativas ou penais que puidesen corresponder.
En concreto, o artigo 33 da referida Lei prevé un novo réxime administrativo de reparación de danos ambientais, en cuxa virtude os operadores que realicen certas actividades económicas ou profesionais susceptibles de ocasionar danos ao medioambiente, deberán dispoñer dunha garantía financeira obrigatoria que lles permita facer fronte á responsabilidade ambiental inherente á actividade que pretendan desenvolver, e cuxa constitución haberá de ser comunicada á autoridade competente a razón da materia.
Prevense tres modalidades de garantía financeira:
- A subscrición dunha póliza de seguro cunha entidade aseguradora autorizada para operar en España.
- A obtención dun aval concedido por algunha entidade financeira autorizada a operar en España.
- A constitución dunha reserva técnica a modo de fondo interno materializado en investimentos financeiros apoiados polo sector público.
De entre as modalidades citadas para a constitución da referida garantía, os operadores poderán, subscribir unha póliza de seguro, que haberá de ser complementada, de conformidade co artigo 33 da Lei 26/2007, do 23 de outubro, cunha achega ao Fondo de Compensación de Danos Ambientais (FCDM), cuxa finalidade é, fronte ás outras modalidades de garantía financeira, ampliar a cobertura por riscos ambientais unha vez que a actividade do operador cesa, estendéndose aos danos causados durante o período de vixencia da póliza que se manifesten ou reclamen diferidamente, co límite de 30 anos desde a terminación da actividade xeradora do dano. Deste xeito, a póliza da aseguradora ordinaria dará cobertura á reparación do dano ambiental que se manifeste durante os 3 anos posteriores ao cesamento da actividade do operador, mentres que o Fondo prolonga, desde ese momento e como máximo ata 27 anos máis, a cobertura da póliza, a razón dun ano por cada ano que o operador estivese cuberto cunha póliza de seguros.
A responsabilidade ambiental esténdese e, por tanto a cobertura do FCDM alcanza, sen prexuízo das particularidades que poidan contemplarse na lexislación de cada Comunidade Autónoma, aos danos ambientais seguintes:
- Os causados ás especies silvestres, flora e fauna e aos hábitats, zonas terrestres e acuáticas.
- Os causados ás augas superficiais ou subterráneas, no seu estado ecolóxico, químico ou cuantitativo, e os danos ás augas mariñas.
- Os producidos á ribeira do mar e das rías.
- Os que afecten o chan e ao subsolo.
Non se cobren os danos ao aire nin os danos a persoas ou bens.
En calquera caso, a responsabilidade ambiental non resulta esixible fronte aos danos producidos por: (i) conflitos armados, hostilidade ou insurrección; (ii) fenómeno natural excepcional; e (iii) accidentes nucleares.
Co propósito de difundir o coñecemento xeral das características do FCDM, estas pódense concretar, entre outras, nos seguintes puntos:
- O Consorcio de Compensación de Seguros actúa, de conformidade co referido artigo 33 da Lei 26/2007, como mero administrador e xestor do FCDM, cuxos recursos son independentes financeira e contablemente do resto das actividades que realiza. Desta forma, o Consorcio non haberá de soportar pago algún relativo aos danos ambientais con cargo ao patrimonio doutra das súas actividades.
- O FCDM nútrese das achegas realizadas polos operadores definidos na Lei cuxas actividades sexan susceptibles de xerar danos de natureza ambiental, e que se virarán polas entidades aseguradoras xunto coas primas comerciais que apliquen aos seus asegurados pola cobertura da garantía financeira obrigatoria. En calquera caso, os beneficiarios e destinatarios dos recursos do FCDM son exclusivamente os operadores.
A achega ao FCDM fixábase na Resolución da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do 31 de outubro de 2018, nunha taxa do 8% do importe da prima comercial que corresponda á garantía financeira obrigatoria por responsabilidade ambiental.
- A actividade do FCDM carece de natureza aseguradora en sentido estrito, xa que a responsabilidade do Fondo está limitada ao importe constituído no mesmo.
- A garantía financeira obrigatoria do FCDM está limitada por evento (dano ambiental) a 20 millóns de euros, prevéndose a posibilidade de fixarse unha franquía polo Ministerio de Transición Ecolóxica; opción que non se contemplou ata a data.
- Fronte a outras modalidades de garantía (aval e reserva técnica), a subscrición dunha póliza de seguros supón estender, a través do FCDM, a cobertura da reparación do danos ambiental máis aló dos danos que se manifesten ou reclamen nos 3 primeiros exercicios desde a interrupción da cobertura da póliza ordinaria por terminación da actividade.
A vixencia do Fondo está delimitada na Orde APM/1040/2017, do 23 de outubro, que fixou o 31 de outubro de 2018 como a data de inicio da súa actividade para os operadores de prioridade 1 e un ano despois para os operadores de prioridade 2. Así mesmo, a Orde TEC/1023/2019, do 10 de outubro, estableceu o 16 de outubro de 2021 como data de inicio da súa actividade para os operadores de prioridade 3, con excepción das actividades de cría intensiva de aves de curral ou de porcos, cuxo inicio se fixou o 16 de outubro de 2022.
A clasificación entre prioridades recóllese na Orde ARM/1783/2011, do 22 de xuño.
PROPOSTA DE CLÁUSULA PARA INCLUÍR NAS PÓLIZAS DE SEGURO QUE CONTEN CON COBERTURA DO FONDO DE COMPENSACIÓN DE DANOS AMBIENTAIS
Pódese ampliar a información sobre a Garantía Financeira por Responsabilidade Ambiental na páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.