Contratación de seguros

Contratos de seguro

A actividade aseguradora do Consorcio en seguro directo aseméllase á realizada por calquera entidade aseguradora, mediante o cobramento dunha prima e a emisión dunha póliza, e nos seguintes casos:

Vehículos de particulares

Contratación da cobertura de responsabilidade civil de subscrición obrigatoria derivada do uso e circulación de vehículos a motor no caso de vehículos cuxa solicitude de aseguramento non fose aceptada ou fose rexeitada por dúas Entidades aseguradoras, salvo que o risco fose aceptado por outra ou outras aseguradoras a petición do Consorcio de Compensación de Seguros. (Contratación do seguro de Responsabilidade Civil de vehículos de particulares no Consorcio).

Vehículos de Organismos Públicos

Contratación da cobertura das obrigas derivadas da responsabilidade civil por feitos da circulación dos automóbiles integrantes da Comunidade de Vehículos Oficiais (vehículos do Estado, Comunidades Autónomas, Corporacións Locais e Organismos Públicos adscritos a calquera deles), cando se solicite concertar este seguro co Consorcio. Neste caso o Consorcio pode asumir a cobertura de responsabilidade civil na circulación de vehículos a motor,superando  os límites do seguro obrigatorio (Contratación do seguro de Responsabilidade Civil de automóbiles de Organismos Públicos no Consorcio).

Publicador de contidos

  • Icono Logo Contratación do seguro de responsabilidade civil de vehículos de org. PúblicosContratación do seguro de responsabilidade civil de vehículos de org. Públicos

    • Icono Desplegable Información e trámites para a contratación

    • Icono Desplegable En caso de accidente de circulación

    • Icono Desplegable Cláusula de protección de datos

  • Icono Logo Contratación do seguro de responsabilidade civil de vehículos de particularesContratación do seguro de responsabilidade civil de vehículos de particulares

    • Icono Desplegable Que cobre o seguro do Consorcio?

    • Icono Desplegable Contratación por teléfono do seguro de responsabilidade civil de vehículos de particulares no Consorcio

    • Icono Desplegable Contratación electrónica do seguro de responsabilidade civil de vehículos de particulares no Consorcio

    • Icono Desplegable En caso de accidente de circulación

    • Icono Desplegable Cláusula de protección de datos