De acordo coa lexislación vixente (artigo 14 do Regulamento do Seguro Obrigatorio de Responsabilidade Civil e Seguro na circulación de vehículos a motor, RD. 1507/2008), a vixencia do seguro obrigatorio constatarase polos axentes da autoridade mediante a consulta ao Ficheiro Informativo de Vehículos Asegurados.
No seu defecto, quedará acreditada a vixencia do seguro mediante o xustificante de pagamento da prima do período en curso, sempre que conteña, polo menos, a identificación da entidade aseguradora, a matrícula, o período de cobertura e a indicación da cobertura do seguro obrigatorio.
Polo tanto, recoméndase que, para facerlle chegar o recibo o antes posible, indique o medio polo que Vde. prefira que se lle envíe (fax, correo electrónico, etc.) e que, unha vez que Vde. o teña no seu poder, efectue o seu abono inmediatamente no BBVA ou no Banco Santander, dado que co recibo selado por esta Entidade Bancaria, Vde. dispón xa do documento que xustifica a existencia e a vixencia do seguro.