A lexislación española do seguro do automóbil creou un Ficheiro informático que xestiona o Consorcio de Compensación de Seguros, denominado Ficheiro Informativo de Vehículos Asegurados (FIVA.) para que os prexudicados e vítimas por accidente de tráfico poidan coñecer con rapidez cal é a entidade aseguradora do vehículo que ocasionou os danos.
En particular, os datos que as propias entidades aseguradoras remiten diariamente ao FIVA, por cada vehículo, son os seguintes: matrícula, código identificativo da marca e modelo do vehículo, data de inicio da vixencia e data de finalización do período de seguro en curso. En consecuencia, o ficheiro F.I.V.A. non contén ningún dato persoal senón, unicamente, os datos relativos ao vehículo e á entidade aseguradora.
Para acceder ao Ficheiro requirese:
a) Ter a condición de implicado no accidente de circulación (prexudicado en accidente por danos na súa persoa ou nos seus bens).
b) Cumprimentar un modelo de solicitude de información ao FIVA que facilita o Consorcio, e que, ademais, pode descargarse dende a páxina Web do propio Consorcio. No devandito modelo ou impreso figuran os seguintes datos:
- Datos personais do solicitante.
- Matrícula do vehículo causante
- Data do accidente.
- Tipo de danos habidos no sinistro (persoais e/ou materiais).
E ao devandito modelo deben achegarse os documentos que se sinalan a continuación:
- Copia do parte de danos ou declaración amigable do accidente.
- Se o solicitante actúa en nome e representación dunha persoa física ou xurídica debe acreditarse a representación.
c) A solicitude pode presentarse nas oficinas do Consorcio ou enviarse por correo (Departamento de Produción, Ps. Castellana 32, 28046-Madrid), por fax (913395514) ou correo electrónico (ccsprod@consorseguros.es), acompañada da documentación requirida. Non se admitirán consultas por teléfono.