No caso de que se producisen danos materiais, o asegurado, tomador ou beneficiario, ou os seus respectivos representantes legais, poden presentar a súa solicitude de indemnización por danos ocasionados por riscos extraordinarios chamando ao teléfono 900 222 665 (de 09:00 a 18:00 horas, de luns a venres).
No momento de efectuar a chamada telefónica é imprescindible disponer dos datos que se indican a continuación para facilitalos no transcurso da conversación:
- Datos da póliza de seguro: entidade aseguradora e número da póliza.
- Datos de quen presenta a solicitude de indemnización por teléfono e do asegurado, se fosen persoas distintas: nome e apelidos ou razón social; NIF ou CIF; enderezo e teléfonos de contacto.
- Datos bancarios para o pagamento da indemnización: o Código Internacional da Conta Bancaria IBAN (24 díxitos) composto por dous caracteres alfabéticos que indican o país e dous díxitos de control, número da entidade bancaria, número da sucursal e número da conta corrente.
- No caso de danos a vehículos a motor: marca, modelo e matrícula dovehículo danado. Se se atopase nun taller para ser reparado, é necesario facilitar o nome, enderezo e teléfono deste para axilizar a peritación dos danos.
Ao finalizar a conversación telefónica facilitarase ao comunicante o número de rexistro que se asignou á súa solicitude (ese número recibirao tamén por correo electrónico ou SMS), que deberá utilizar como identificativo para calquera información que precise ou consulta que desexe realizar en relación con esta.
Posteriormente o perito taxador asignado polo Consorcio para a valoración das perdas porase en contacto co solicitante para acordar unha visita e examinar os danos.
Para facilitar esa peritación e axilizar a tramitación do expediente é preciso seguir as indicacións que a continuación se sinalan:
- Conservar os restos dos bens danados a disposición do perito e, se non resultase posible, sacar fotografías antes da súa retirada.
- Conservar as facturas en caso de que se tivese que realizar de forma urxente algunha reparación.
- Dispoñer, no momento da visita do perito taxador, dos presupostos e facturas de reparación dos danos e de dous exemplares (orixinal e copia) da póliza e do recibo de pagamento de prima correspondente ao período en que se producisen os danos, para poder entregar ao perito a copia de ambos os dous documentos , así como dalgún recibo ou documento bancario no que conste, para a súa verificación, a conta bancaria código IBAN (24 díxitos) á que se solicitase abónese a indemnización.