Recaudación y fraccionamiento

Recadación e fraccionamento

RECADACIÓN DAS RECARGAS

Todas as recargas a favor do Consorcio serán recadadas obrigatoriamente polas entidades aseguradoras xuntamente coas súas primas. As entidades aseguradoras, a través dos seus representantes, ingresarán posteriormente ditas recargas ao Consorcio, en función da súa data de cobro, acorde aos prazos establecidos.

Previa comunicación fidedigna ao Consorcio, as entidades poderán liquidar as recargas segundo as primas emitidas, sen prexuízo das regularizacións periódicas que procedan. A elección desta opción deberá aplicarse a todas as carteiras de pólizas da entidade e por anos naturais.

As recargas son ingresos de dereito público, o que determina a favor do Consorcio unha serie de prerrogativas dirixidas a facilitar o seu cobro e que se xustifican polo interese público das funcións que ditas recargas han de financiar.

A Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (DXSFP), a través da Inspección de Seguros e conforme aos plans de inspección aprobados a proposta do Consorcio, inspeccionará ás entidades aseguradoras que recaden recargas a favor do Consorcio, ao obxecto de comprobar o efectivo cumprimento desta obrigación.

COASEGURO

As pólizas en coaseguro poderán ser informadas de dous modos distintos:

- Declarando a "Abridora" o 100% dos capitais, límites e recargas.

- Declarando cada coaseguradora a súa porcentaxe de capitais, límites e recargas.

- En determinados casos especiais, a través da xestora do cadro de coaseguro, previa autorización do Consorcio.

FRACCIONAMENTO DAS RECARGAS

As entidades aseguradoras poden optar polo fraccionamento da prima ao tomador e, dentro desta alternativa, á súa vez, por fraccionar as recargas ao Consorcio.

  • No suposto de que se opte por fraccionar a prima ao tomador, cobrándoa fraccionadamente, pero non se opte por fraccionar a recarga ao Consorcio, as entidades veñen obrigadas a ingresar ao Consorcio a totalidade da recarga co cobro da primeira fracción de prima.
  • No caso de que se opte por fraccionar a prima e fraccionar as recargas obrigatorias segundo a periodicidade que se recolle a continuación, poderanse ingresar ao Consorcio as fraccións de recarga segundo se vaian cobrando as fraccións de prima. A elección desta opción, a diferencia da anterior, xerará intereses financeiros a favor do Consorcio.

Os tipos de interese de fraccionamento vixentes son:

  • Para fraccionamento de prima con vencementos semestrais, o 2 por cento.
  • Para fraccionamento de prima con vencementos trimestrais, o 2,5 por cento.
  • Para fraccionamento de prima con vencementos bimestrais, o 3 por cento.
  • Para fraccionamento de prima con vencementos mensuais, o 3,5 por cento.

En todo caso, haberá que comunicar previamente ao Consorcio que se opta polo ingreso fraccionado das recargas, facelo constar nas bases técnicas e aplicalo de forma sistemática no ramo o risco ao que se refira.