Non é necesario que Vde. achegue a documentación xa que a contratación se realiza exclusivamente por teléfono ou electronicamente a través da páxina web do Consorcio, pero para efectuar a contratación é preciso que Vde. facilite unha serie de datos persoais e relativos ao vehículo. Estes datos son os que figurarán no contrato de modo que, no caso da contratación electrónica, para evitar incorreccións neste e garantir a veracidade dos datos, serán obxecto de gravación telefónica.
Esta gravación telefónica terá o efecto de declaración do risco e de solicitude de Seguro.
É moi importante a exactitude dos datos que Vde. declare, pois iso evitará que logo puidesen xurdir problemas de cobertura cando se produza o sinistro.