Titulo seccion - Preguntas frecuentes: Contratación de Seguros

Preguntas frecuentes: Contratación de Seguros

Preguntas frecuentes: Contratación de Seguros

Pregunta Contratación 15

Que datos son necesarios?

Por unha parte, o nome de, polo menos, dúas entidades aseguradoras privadas ás que Vde. se dirixira para contratar o Seguro do seu vehículo e lle comunicasen o seu rexeitamento á contratación (artigo 5.2 do Regulamento do seguro obrigatorio de responsabilidade civil na circulación de vehículos a motor).

O resto dos datos que se lle van requirir constan nos documentos que se indican a continuación, para que os teña preparados. É moi importante que no momento en que Vde. vaia facer a contratación os teña diante, xa que como se sinalou anteriormente, é fundamental que os datos que achegue sexan correctos, posto que son os que van constar no contrato.

Documentos nos que figuran os datos necesarios:

  • Documento de identificación do tomador, do propietario e do condutor (NIF, CIF, Permiso de Residencia, Pasaporte, etc.). A persoa que vai subscribir o contrato ha de ter capacidade para contratar (maior de idadede).
  • Permiso ou licenza de condución correspondente ao vehículo a asegurar.
  • Permiso de Circulación do vehículo.
  • Certificado de Características Técnicas do Vehículo no que conste actualizada a Inspección Técnica do Vehículo (ITV).

Así mesmo, no caso de realizar a contratación electronicamente é imprescindible dispoñer dun certificado ou DNI electrónicos e dunha tarxeta bancaria coa que efectuar o pagamento da prima.