En principio, contra todos os riscos que proveñan dunha variación anormal de axentes naturais. Cóbrense os danos ocasionados ás producións agrícolas, gandeiras (incluídas as acuícolas) e forestais, a consecuencia de:
- Variacións anormais de axentes naturais: pedrisco, xeada e incendio, entre outros.
- Enfermidades/accidentes que afecten ao gando.
- Incendios forestais (sen incluír danos ás persoas intervinientes na extinción).
Non obstante, debe consultarse para cada caso as condicións de cobertura.