Preguntas Frecuentes Contratación Seguros

Preguntas frecuentes: Contratación de Seguros

Publicador de contidos

Pregunta Contratación 19

Cando me envían o contrato?

A documentación correspondente ao Contrato, é dicir, as Condicións Xerais, as Condicións Particulares, dous exemplares do impreso denominado "declaración amigable de accidente de circulación" e unha folla informativa que resume as características do seguro que Vde. contratou remitiranse por correo ao seu domicilio inmediatamente despois de que Vde. Teña efectuado o pagamento do recibo.

Na contratación electrónica o pagamento da prima realízase mediante tarxeta bancaria a través do servidor seguro do Banco Santander S.A. e, unha vez aceptada a transacción, preséntase unha pantalla de confirmación da contratación realizada, de forma que o usuario pode imprimir e/ou gardar en formato PDF os ficheiros coa documentación da póliza contratada.