Preguntas Frecuentes FIVA

Preguntas máis frecuentes: FIVA

Publicador de contidos

Pregunta 2 FIVA

Onte tiven un golpe co meu coche e o vehículo contrario, que foi o responsable do accidente, deuse á fuga. Deume tempo a tomarlle a matrícula, e dixéronme que o Consorcio pode descubrir quen é o condutor/propietario do vehículo contrario e cal é a súa aseguradora - que debo facer para sabelo?

Existe á súa disposición o Ficheiro Informativo de Vehículos Asegurados (FIVA), de modo que Vd., na súa calidade de implicado nun accidente de circulación, pode coñecer o nome da aseguradora do vehículo causante do accidente, sempre que Vd. facilite a matrícula do vehículo contrario. Para acceder ao Ficheiro requírese:

a) Ter a condición de implicado no accidente de circulación (prexudicado en accidente por danos na súa persoa ou nos seus bens).

b) Cumprimentar un modelo de solicitude de información ao F.I.V.A. que facilita o Consorcio, e que, ademais, pode descargarse denden a páxina Web do propio Consorcio. No devandito modelo ou impreso figuran os seguintes datos.

  • Datos persoais do solicitante.
  • Matrícula do vehículo causante.
  • Data do accidente.
  • Tipo de danos habidos no sinistro (persoais e/ou materiais).

E ao devandito modelo deben achegarse os documentos que se sinalan a continuación:

  • Copia do parte de danos ou declaración amigable do accidente.
  • Se o solicitante actúa en nome e representación dunha persoa física ou xurídica debe acreditarse a representación.

c) A solicitude pode presentarse nas oficinas do Consorcio ou enviarse por correo (Departamento de Produción, Ps. Castellana 32, 28046-Madrid), por fax (913395514) ou correo electrónico (ccsprod@consorseguros.es), acompañada da documentación requirida. Non se admitirán consultas por teléfono.

Non obstante, o ficheiro FIVA non contén ningún dato persoal senón, unicamente, datos relativos ao vehículo e á entidade aseguradora, polo que NON podemos facilitarlle os datos persoais nin do propietario nin do condutor do vehículo contrario.