a) Prexudicado: residente en Francia Causante: residente en Francia País ocorrencia: España.
Conforme ao establecido no art. 20.2 da Lei de responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos a motor, cando o accidente de circulación sexa causado por un vehículo que teña o seu estacionamento habitual e estea asegurado no Estado de residencia do prexudicado, NON procede a actuación do Consorcio como Organismo de Información.
Pode dirixir a súa consulta a OFESAUTO (Oficina Española de Aseguradores de Automóbiles), situada en C/ Sagasta, 18, 28004 Madrid (www.ofesauto.es).
b) Prexudicado: residente en Francia Causante: vehículo español País ocorrencia: Francia.
O sistema da Cuarta Directiva aplícase cando un residente do Espazo Económico Europeo resulta prexudicado nun accidente nun país diferente ao da súa residencia.
Por iso, NON procede a actuación do Consorcio como Organismo de Información e pode dirixir a súa consulta ao Bureaux francés.
c) Prexudicado: residente en Noruega Causante: vehículo español País ocorrencia: España Solicitante: aseguradora noruega.
Deben dirixir a súa solicitude ao Organismo de Información do país de residencia da vítima, neste caso Noruega (os datos do Organismo constan na páxina web do Consorcio, enlace). O devandito organismo remitirá a consulta vía correo electrónico ao Consorcio, como Organismo de Información do país de estacionamento habitual do vehículo causante. E, unha vez recibida a resposta do Consorcio, o Organismo de Información de Noruega facilitaralle ao prexudicado a información solicitada.