Non é preciso que Vde. facilite un certificado no que conste o seu historial de sinestralidade; en cambio, si debe dispoñer das comunicacións de polo menos dúas entidades aseguradoras nas que conste o rexeitamento do aseguramento.
Non é necesario, en principio, que envíe as devanditas comunicacións; é suficiente que lea o seu contido, polo que debe telas á súa disposición no momento no que vaia facer a contratación telefónica. Posteriormente, deberá conservar as devanditas comunicacións a disposición do Consorcio.