Naturaleza jurídica

Natureza xurídica

Tras o ingreso de España na Comunidade Europea, e como consecuencia da preceptiva adaptación á normativa comunitaria, a entrada en vigor en 1991 do seu Estatuto Legal representou para o CCS unha grande transformación na súa natureza xurídica, no seu réxime operativo e na súa estrutura e organización internas.

O CCS ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar. Aparte de rexerse polo seu Estatuto Legal, o CCS está suxeito na súa actividade ao ordenamento xurídico privado e ha de someterse á Lei de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras, así como á Lei de contrato de seguro. A partir dese momento o CCS deixou de ser organismo autónomo para converterse en sociedade estatal, que queda enmarcada hoxe en día na categoría de entidade pública empresarial, tal como foi configurada pola Lei 6/1997, do 14 de abril, de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado.

Publicador de contidos

Información de interese

Sede Central

Sede Central

Imagen de Ubicación

Paseo de la Castellana, 32 28046 - Madrid

Imagen de Teléfono

91 339 55 00

91 339 55 55

Imagen de Contactoccs@consorseguros.es