Características do procedemento de consulta do FIVA

Características do procedemento de consulta do FIVA

A consulta realízase a través de Internet, dende as páxinas web que se indican a continuación:

  • Os centros adheridos ao sistema CAS, accederán a través da dirección: https://cas.tirea.es
  • Os centros non adheridos ol sistema CAS, accederán a través da dirección : www.consorseguros.es,e dentro desta seleccionarán o enlace da área restrinxida denominado "CENTROS SANITARIOS".

É imprescindible solicitar o acceso a través do envío de modelo de solicitude, tal e como se indica no apartado "Modelo de solicitude de acceso".

Os datos obrigatorios para realizar a consulta son:

  • Data do sinistro: ndicando día, mes e ano.
  • Matrícula do vehículo: matrícula do vehículo causante do accidente de tráfico do que é necesario obter información acerca do aseguramento para que o centro sanitario poida dirixir a reclamación dos gastos asistenciais á entidade aseguradora do devandito vehículo ou en caso de inexistencia de seguro ao Consorcio de Compensación de Seguros.

    A matrícula introducirase sen guións nin espazos en branco e debe obedecer a algún dos formatos de matrícula autorizados pola Dirección Xeral de Tráfico. No caso contrario, o sistema non poderá realizar a consulta respondendo coa seguinte mensaxe "O formato da matrícula é incorrecto".

  • A tramitación dun expediente relativo a unha persoa lesionada como consecuencia dun accidente de tráfico, é o requisito legal que permite o acceso dos centros sanitarios e os servizos de emerxencias ao FIVA, polo tanto, é imprescindible identificar o mesmo, ben a través do código asignado polo centro ou ben mediante o nome e apelidos da persoa que recibiu a atención sanitaria atención sanitaria.

Pódense realizar dous tipos de consulta:

  • Por pantalla: Se se selecciona esta opción, obteranse unha resposta automática on-line que conterá os datos incluídos para a consulta máis os relativos á entidade na que está asegurado o vehículo causante do accidente na data do sinistro, constando tamén o código da Dirección Xeral de Seguros e Fondo de Pensións que esa compañía ten asignado, a súa razón social e enderezo.

    No caso de que unha mesma matrícula figurase asegurada na mesma data de sinistro en máis dunha entidade, a resposta conterá os datos das distintas aseguradoras que subministraron información ao FIVA respecto a esa matrícula. Se ningunha entidade subministrou información sobre a matrícula consultada a mensaxe da resposta será a seguinte: "NON SE ATOPARON DATOS PARA ACONSULTA EFECTUADA".

    A información facilitada na resposta é a que contén o ficheiro no momento de realizar a consulta. Se días despois realízase a mesma consulta e a entidade aseguradora actualizou os datos do ficheiro, a resposta pode ser distinta.

  • Por pantalla e con emisión de certificado por parte do Consorcio de Compensación de Seguros: naqueles casos en que o centro sanitario necesite presentar o mesmo ante algunha instancia (entendendo como tal a subcomisión de Vixilancia e Arbitraxe, a Comisión de Vixilancia e Arbitraxe, unha instancia administrativa ou xudicial), deberá seleccionar algunha das mencionadas para poder obter ademais da resposta por pantalla un certificado en papel impreso.

    Este certificado imprímese nos Servizos Centrais do Consorcio de Compensación de Seguros e é remitido posteriormente por correo postal ao enderezo que se seleccionara (ao do interlocutor do centro ou ao do propio solicitante). O campo de número de procedemento só é necesario cumprilo cando esteamos ante un asunto que se ache en tramitación en vía administrativa ou xudicial.