Modelo de solicitude de acceso ao FIVA
Descarga de modelos de solicitude de acceso ao FIVA.
EN AMBOS OS DOUS CASOS (modelos A e B) É IMPRESCINDIBLE REMITIR XUNTO CO MODELO DE SOLICITUDE, O PROTOCOLO DE ADHESIÓN (incluído en cada un dos impresos) DEBIDAMENTE ASINADO E SELADO
Existen dous procedementos de acceso:
-
CENTROS SANITARIOS E SERVIZOS DE EMERXENCIAS ADHERIDOS AO CAS:
Estes centros disporán do acceso dende a páxina web do Servizo CAS https://cas.tirea.es, onde se incorpoou unha opción nova denominada "CONSULTA FIVA".
Para poder activar o acceso, e dado que os usuarios xa están dados de alta no sistema, unicamente deberán enviar por correo electrónico á dirección ccsprod@consorseguros.es ou por fax ao número 91 339 55 14, 91 339 55 14, el modelo de solicitud A indicando nome e apelidos dos usuarios que tamén desexan utilizar a consulta FIVA (ata un máximo de tres usuarios por centro ou servizo de emerxencia), así como o Protocolo de adhesión (incluído no modelo) do centro á consulta FIVA, que debe remitirse asinado polo representante do centro e selado pola entidade. Para estes centros considerarase como interlocutor para estes efectos, a mesma persoa que se designara como interlocutor en CAS.
Para confirmar a activación do acceso remitirase un correo electrónico á dirección indicada polo usuario no formulario.
-
CENTROS SANITARIOS E SERVIZOS DE EMERXENCIAS NON ADHERIDOS AO CAS:
Estes centros accederán ao sistema a través de Internet, dende a dirección www.consorseguros.es (picando no da área restrinxida denominada "CENTROS SANITARIOS" - "ACCESO AO SISTEMA") e logo de instalación en ordenador de usuario designado de software que garante a seguridade de acceso.
É moi importante ter en conta que a instalación do software que permite o acceso á consulta FIVA, debe ser instalado no ordenador da persoa que vai ter a condición de usuario, responsabilizándose o mesmo do uso axeitado da consulta. Non será posible acceder á consulta FIVA dende un ordenador que non teña instalado o software.
Para iso, estes centros terán que solicitar o acceso ao sistema de consulta F.I.V.A. , mediante a cumprimentación do modelo de solicitude B, que debe ser remitido por correo electrónico á dirección: ccsprod@consorseguros.es ou por fax ao número 91 339 55 14 así como o Protocolo de adhesión (incluído no modelo) do centro á consulta FIVA, que debe remitirse asinado polo representante do centro e selado pola entidade.
Este modelo de solicitude compón dos seguintes datos:
- Datos relativos ao Centro Sanitario (denominación, enderezo, poboación e CIF).
-
Datos relativos ao interlocutor: para facilitar a comunicación co centro sanitario, así como para a remisión dos certificados FIVA, que se soliciten en soporte papel, designarase un interlocutor.
O interlocutor tamén pode ter a condición de usuario, ao cal se lle asignará un código de usuario e contrasinal.
- Datos relativos ao usuario: naqueles casos en que o interlocutor non desexe ter tamén a condición de usuario, deberase designar outra persoa.
Recibida a solicitude de acceso remitirase á persoa designada como usuario por correo electrónico á dirección indicada na solicitude: o código de usuario, un ficheiro que contén o software así como as súas instrucións de instalación e o documento de aceptación de responsabilidades.
Este documento debe ser asinado polo usuario e remitido por unha destas vías:
- Fax: Ao número 91 339 55 14 á atención do "Departamento de Produción".
- Correo postal dirixido a "CONSORCIO DE COMPENSACION DE SEGUROS. DEPARTAMENTO DE PRODUCION", Paseo de la Castellana, 32 /28046 Madrid.
Á súa recepción, esta Entidade remitirá por correo electrónico ao usuario o contrasinal co que se garante un acceso seguro ao sistema.